Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O pleno de Soutomaior denunciará á Xunta polo transvase do Verdugo e convoca unha protesta

RR_Noticias

O pleno do concello de Soutomaior aprobou por unanimidade a iniciativa do BNG para defender o río Verdugo e os bancos marisqueiros. A iniciativa recolle a desfeita que para o ecosistema do río suporía a construción do trasvase ademais “dun ataque inadmisible aos bancos marisqueiros (motor económico do concello do que dependen máis de 200 familias) e unha agresión ao barrio de Aranza que quedaría partido pola metade”.
Dende o BNG sinalaron que existen outras alternativas para o abastecemento da área que serían, ademais de máis ecolóxicas, máis eficientes; pero que deben empezar por unha xestión da auga sensata e responsable.

A moción foi aprobada por unanimidade. O alcalde Agustín Reguera empregou boa parte da súa intervención en tratar de xustificar que o goberno local estivo sempre contra o trasvase. Pola súa banda, o portavoz do BNG Manu Lourenzo sinalou ao rematar que “ninguén lle pediu que dese explicacións sobre iso, el saberá por que ten que xustificarse” destacou ao tempo que insistiu en que o importante agora é que vexamos para adiante e estar todos xuntos defendendo o noso río e os nosos bancos marisqueiros.
Así mesmo o concelleiro do bloque sinalou que “presentamos esta moción coa certeza de que a defensa do río Verdugo e dos bancos marisqueiros deben estar por riba de calquera discrepancia política. 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará