As bibliotecas de Redondela, malia teren as súas instalacións pechadas ata o vindeiro 2 de xaneiro debido ao cambio de xestión informática que están a levar a cabo, organizan hoxe unha actividade lúdica para os cativos cun contacontos na sala infantil do Multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas.
A encargada de realizar esta proposta de dinamización á lectura é Olga Cuervo cun contacontos que leva por nome “De pequenos a grandes”. Unha iniciativa organizada polas bibliotecas e a Fundación Filomena Rivero Alonso. A entrada é libre e de balde.