Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta licita o servizo asistencial do Centro de Día de Cesantes no aniversario da súa apertura

RR_Noticias

A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da Consellería de Política Social, publicou no DOG a licitación da xestión do centro de maiores de Redondela que permitirá ampliar o seu número de prazas en servizo diurno, que pasa de 20 a 25, así como poñer en marcha o seu servizo residencial que contará cun total de 24 prazas. Faino cando se cumpre un ano da posta en marcha das instalacións de Cesantes que celebran este aniversario cunha xornada de portas abertas.

Tempo de facer balance cando o Centro de Día de Cesantes cumpre un ano dende a súa apertura. “Estamos moi satisfeitos” explica a Coordinadora de Comunicación do Consorcio, Marta Alonso “a día de hoxe das 20 prazas ofertadas hai 18 ocupadas”. Unha instalacións que ampliarán en breve os seus servizos coa atención asistencial. Onte mesmo saída publicado no DOG o anuncio de licitación deste centro de maiores o que permitirá ampliar a súa oferta nesa modalidade de servizo das 20 actuais ata 25. Ademais, cando o proceso de adxudicación da xestión estea rematado, o centro poderá estrear a súa parte residencial, situada na primeira planta do edificio, cunha oferta nese caso de 24 prazas. Dende o Consorcio animan á poboación a achegarse ao centro nunhas xornadas nas que celebran diferentes actividades como a xornada formativa que terá lugar esta mesma tarde baixo o título Nutrición para un envellecemento máis saudable” a cargo de Andrea Domínguez ou a exposición interactiva “Non pesan os anos, pesan os mitos” que se pode visitar ata o vindeiro día 19. Marta Alonso anima tamén a informarse sobre o servizo que quere ser accesible a todos os que o necesiten “o usuario paga en función sobre todo dos seus ingresos”. Usuarios que son principalmente mulleres en torno aos 80 anos e que adoitan presentar algún grao de dependencia.  

Marta Alonso Fernández Consorcio galego
Está en marcha o proceso de adxudicación da xestión das prazas residenciais
Perfil do usuario
O custe depende dos ingresos do usuario
Xornada de portas abertas
Unha semana de actividades para conmemorar o primeiro aniversario

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará