A música desta formación musical abre un ciclo de actividades programadas dende Normalización Lingüística ao abeiro do programa Apego.A primeira das propostas será este concerto de balde o sábado 20 ás 12:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. A entrada é de balde pero compre retirar invitación unha hora antes do inicio do espectáculo.
A programación continuará o venres 26 tamén no Multiúsos cun contacontos que leva por título O Lobo Bobo. Nese caso a actuación está prevista para as 18:00 horas.
Xa en febreiro o día 23 as seis da tarde, Normalización traslada a actividade ao Multiúsos do Piñeiral co título A viaxe de Rosalía.
A programación pecharase o venres 30 de marzo tamén as 18:00 horas co espectáculo Letras e notas.