Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O “catastrazo” chega aos centros culturais con pagos de ata 2.600 euros en concepto de IBI

RR_Noticias

“A regularización catastral, iniciada hai un ano e que está a supoñer un enorme incremento para moitos veciños, afectará igualmente aos Centros Culturais das parroquias do Concello. Ante esta situación o BNG solicita que “como entidades sen ánimo de lucro, se lles aplique unha bonificación do Imposto de Bens Inmobles”. Unha proposta que parte da demanda de diversas Asociacións que xestionan estes Centros Culturais e que ven como un auténtico abuso a cantidades ás que teñen que facer fronte. Como exemplo recollen a situación do Centro Cultural de Cidadelle que, cos efectos retroactivos de catro anos, para de pagar 60 euros anuais a 2.600 dunha soa vez.

“A regularización do catastro cos efectos retroactivos de catro anos, suponlles que teñan que afrontar uns desembolsos moi elevados”, afirma o edil Xoán Carlos González, motivo polo que insta ao Concello a “iniciar o procedemento para a bonificación destas entidades tendo en conta que son as encargadas de dinamizar as parroquias a través dunha ampla e variada actividade cultural, de lecer e mesmo formativa, con todo tipo de cursos, charlas, actividades.
“O Concello de Redondela, pode chegar a recadar un millón cincocentos mil euros, con esta regularización catastral e o que deixaría de ingresar polas bonificacións dos Centros Culturais podería ser unha parte moi pequena”.
Por outra banda dende o BNG rexeitan a campaña desinformativa do goberno de Javier Bas, “quen emprazaba aos veciños e veciñas a que pagaran tanto os 60€ de taxas, como os recibos, pois dese xeito legalizábanselle as construcións, cando non é así; o que é ilegal vai seguir sendo ilegal”.
Pola súa banda, dentro da campaña informativa do Bloque Nacionalista Galego sobre o catastrazo, recomenda a todos os veciños e veciñas afectados, a presentaren alegación en calquera momento do ano. “No caso de que o Catastro lles dea a razón, ademais de reducir os recibos do vindeiro ano, mesmo poden devolverlle os cobros indebidos”, afirman.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará