Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo xardín na antiga parcela de Fenosa estará rematado en dous meses

RR_Noticias

Alumnos dos obradoiros de emprego nas especialidades de cantería e xardinería traballan xa na parcela na que se ubicaba o antigo edificio de Fenosa no Paseo da Xunqueira. O traballo prolongarase durante dous meses e consistirá no acondicionamento deste espazo que se converterá “nunha zona de descanso e recreo, aberta ao viaduto”.

A Concelleira de emprego, Carmen Amoedo asegura que o resultado será “sorprendente” porque o obxectivo é crear un novo concepto de xardín, máis moderno respecto dos existentes no concello, acondicionando así un solar que permanece baleiro dende que hai máis de dous anos se derrubara o edificio de Fenosa. Para realizar esta obra cóntase coa colaboración tanto do alumando de cantería como o de xardinería, alumnos do obradoiro de emprego que están a aprender estas especialidades nas clases que se imparten no pazo do Pousadouro. As obras deberían rematar, segundo as estimacións da concelleira, no prazo de dous meses.  

Carmen Amoedo concelleira Emprego
Xardíns modernos que conviden a mirar cara o viaduto
Dous meses
A obra debería estar rematada antes de abril

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará