A Concellería de Cultura anima a asociación e colectivos a presentaren os seus candidatos a recibir esta distinción municipal. Os requisitos que debe cumprir a proposta é que sexa unha persoa real, xa falecida, nada ou vinculada de maneira clara con Redondela e que tivera destacado nas áreas das artes, as ciencias, as letras, na cultura ou a filantropía. O Persoaxe elixido será o protagonistas de diferentes actos durante o presente ano para dar a coñecer a súa persoa.
A través deste procedemento búscase a elección dun personaxe de importancia singular en aspectos da vida do municipio, pondo en valor a súa traxectoria, accións ou éxitos en calquera área, co fin de compartir o coñecemento sobre a súa persoa, construír unha identidade propia como municipio a través das vidas destes homes e mulleres, e fomentar os valores polos que destacaron para impulsar a convivencia e a cultura en Redondela.
Este procedemento iníciase facendo chegar comunicación escrita aos diferentes entes, colectivos e asociacións relacionadas dalgunha maneira co legado cultural de Redondela, para que presenten as propostas a este candidatura. O único que teñen que facer é achegar dita candidatura acompañada dunha memoria describindo os aspectos máis destacables do candidato/a que se propón e presentar este escrito no rexistro xeral do concello de Redondela, ( tamén nas oficinas municipais e rexistro de Chapela).
Nos anos anteriores lembrar que se nomearon Persoeiros do ano a Casto Sampedro, Alejandro Otero, Rita Otero, Telmo Bernárdez e Paulina Sanchez.
Este procedemento está regulado por unha ordenanza municipal que actualmente está en estudo para a súa modificación nalgúns aspectos importantes, e que unha vez modificada e aprobada dará unha nova visión e un impulso máis directo para que os cidadáns e cidadás de Redondela participen na súa elección.