As agrupacións interesadas en participar no desfile do Entroido que se celebrará o domingo 11 de febreiros polas rúas de Redondela deben inscribirse no rexistro do concello antes día 5 do vindeiro mes. Entre todos os participantes repartiranse premios económicos para os que a Concellería reserva unha partida de 9.000 euros. Tamén está aberto o prazo de presentación de solicitudes para aqueles que queiran participar da comitiva do Enterro do Berete que terá lugar o sábado 17 de febreiro en Chapela.
O noso concello prepárase para recibir o Entroido e faino abrindo o prazo para se inscribir nas diferentes actividade que se van desenvolver no noso municipio. Así, aquelas comparas que queiran formar parte do desfile que percorrerá as rúas do casco urbano na xornada do domingo día 11 deben formalizar a súa petición a través do rexistro. Considérase comparsa aquela agrupación que supere as 25 persoas. As formación que congreguen entre 10 e 25 persoas ou as parellas que vaian disfrazadas poderán participar no concurso que se celebrará o martes 13 e, neste caso, poderán inscribirse no propio día.
Para poderen optar aos premios nos que se investirán 9.000 euros é imprescindible que as comparsas acompañen o desfile de Carnaval que arrancará ás 18:00 horas do día 11 no Campo da Feira.
Tamén ata o día 5 de febreiro teñen de prazo aquelas comparsas que queiran participar do Entroido en Chapela e formar parte da comitiva do Enterro do Berete nos actos programados para o sábado 17 de febreiro.