Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O perigo de circular polos Valos

RR_Noticias

O cruce do Alto dos Valos, onde conflúen a N-550 cos accesos cara a Vilar, o aeroporto ou Nespereira, é un dos puntos máis conflitivos da bisbarra. Tanto pola elevada densidade de tráfico que se rexistra a todas horas, como polo perigo que supón para condutores e peóns. Os veciños levan anos reclamando unha rotonda e un paso de peóns que non chegan.

Os veciños da contorna quéixanse da falta de pasos de peóns, da escasa visibilidade nos acceso á estrada desde Saxamonde, e do diseño do cruce. A preferencia para a circulación non está clara, e o espazo non é suficiente para que os camións de grande tonelaxe poidan virar, o que provoca que “día si día non” derruben a sinalización vertical. Moitos pensan que a construcción dunha rotonda, proxectada hai anos, podería mellorar a seguridade na zona, tanto para os peóns como para os condutores. Veciños do barrio, como Xoan, non entenden que non se realizase a glorieta cando se fixo a remodelación do cruce. Advirte que Fomento expropiou máis terreo, pero quedou sen facer. Entende que “non existe un problema de espazo”, xa que hai metros suficientes para construir a rotonda. Pensa que deste xeito se evitarían problemas, sobre todo cos camións de gran tonelaxe, que agora non dispoñen de espazo para manobrar correctamente. Ademais evitaríanse “os malentendidos coa sinalización” para os vehículos que cruzan a estrada entre Vilar e Nespereir. Tamén Alba entende que a realización dunha rotonda melloraría a situación do tráfico, xa que a sinalización actual “non está ben”. Pero os veciños, en xeral, son escépticos ante a posiblidade de que o ministerio constrúa a rotonda, ao non tela feito “cando se reformou o cruce”, como lamenta Juan Manuel. Desde o PSOE redondelán vinculan os atrasos na construción da rotonda “ao afán recadatorio do goberno”. Lembran que o radar ubicado no Alto dos Valos é “o máis beneficioso de Galicia” e critican que dende o goberno local “non se teña feito ningunha petición orzamentaria” ao Ministerio de Fomento neste sentido. Lamentan aue se poña o diñeiro “por enriba da seguridade das persoas”. Os veciños denuncian que, malia a instalación do radar, cruzar a estrada nacional segue a ser “misión imposible” e feitos cotiás, como tirar o lixo son “un verdadeiro problema”. Recoñecen que grazas ao radar agora os vehículos “moderan máis a velocidade”, pero advirten que segue a ser “moi necesario” un paso de peóns na zona, como sinala Mucha. E non son estas as únicas queixas dos veciños sobre a N-550, unha estrada que consideran que está “sen rematar”, xa que na maior parte do trazado non existen beirarrúas nin tampouco beiravías polas que poder circular os peóns con seguridade. Sinalan que o sí hai son numerosos “buracos” onde é doado que algún transeúnte poida mancarse.

Xoan veciño dos Valos
Xoan entende que hai espazo suficiente para construir a rotonda. Afirma que deste xeito se evitarían moitos problemas de tráfico neste cruzamento.
Mala sinalización
Alba entende que a rotonda melloraría a situación na zona. Advirte que a actual sinalización horizontal non é correcta.
Veciños resignados
Veciños como Juan Manuel dubidan que se vaia construir a rotonda malia que está proxectada desde hai anos.
Paso de peóns
Os veciños insisten en que é necesario un paso de peóns na zona. Non existe ningún e cruzar a estrada é un perigo tal como explica Mucha.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará