Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Roteiro para coñecer e visitar a contorna do “mellor banco do mundo” situado en Cedeira

RR_Noticias

Son moitos os que cada día e sobre todo na fin de semana achéganse a Monte Penide para se facer unha foto sentados no que para moitos é “o mellor banco do mundo”. Con todo, a súa localización non é doada. O vindeiro domingo os que teñan interese por visitalo teñen a oportunidade de participar nun roteiro que organiza a Concellería de Cultura e que permitirá coñecer o lugar coas explicacións do arqueólogo Xurxo Constela.

Con esta actividade arranca unha xeira de roteiros que se van desenvolver nos vindeiros meses e que buscan poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico do noso concello.
A primeira das cita será este domingo con saída ás 10:00 horas dende o merendeiro da Poza da Lagoa en Monte Penide. Os participantes, guiados polo arqueólogo da empresa A Citania, achegaranse aos restos prehistóricos existentes no Coto Fenteira, onde se atopa o “mellor banco de Redondela”.
As seguintes andainas está proxectadas para o 8 de marzo, cunha visita ás mámoas do norte da necrópole de Chan das Formigas en Cabeiro e o8 de abril un percorrido polos muíños do río Fondón en Trasmañó.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará