A falta de oferta e a elevada demanda dispara o prezo da vivenda de alugueiro que se sitúa no noso concello en 5,6 euros o metro cadrado. Isto é, un piso de 80 metros cadrados roldaría os 450 euros mensuais. Na provincia de Pontevedra só vivir nos concellos de Sanxenxo, Vigo, Nigrán, Baiona ou Pontevedra suporía un desembolso maior que facelo en Redondela.
O cambio de mentalidade e as dificultades para afrontar a compra dunha vivenda, así como a maior mobilidade do mercado laboral, supón que moitas persoas opten polo aluguer á hora de buscar un lugar no que vivir. Con todo, a falta de oferta está a provocar en practicamente toda Galicia un incremento notable nos prezos do alugueiro. Segundo as estimacións, os prezos tería experimentado un incremento de ata un 8% na última década.
Unha situación á que non escapa o noso concello que se sitúa como o sexto máis cara para alugar de toda a provincia e con prezos superiores aos que podemos atopar en cidades como Ourense ou Lugo.
Así, en Redondela o prezo medio do metro cadrados está situado en 5,6 euros, practicamente o mesmo que o prezo da vivenda en Pontevedra (5,8). Iso si, moi afastado dos prezos que atopamos en localidades tan turísticas como Sanxenxo, que con 11 euros o metros cadrado sitúase como o municipio onde o aluguer é máis elevado. En Vigo as estimación apuntan a un custe de 8,5 o metros cadrado, en Nigrán ese prezo baixaría aos sete euros e en Baiona situaríase nos 6.
Os expertos apunta a que ata o de agora Galicia contaba cunha oferta máis que suficiente para cubrir a demanda dos arrendamento, polo que os prezos estaban equilibrados, pero que o incremento da demanda provoca un desabastecemento cada vez maior dese mercado de aluguer. De feito no caso de Redondela, son poucos os pisos que se atopan neses mercado.