O alumnado dos obradoiros de emprego están a axardinar o terreo onde se situaba a antiga caseta de Fenosa cun diseño que se garda en secreto e que sorprenderá aos veciños e veciñas pola súa orixinalidade. Estes alumnos tamén se encargarán de acondicionar varias rotonda da vila. Na xonrada de onte recibían a visita do delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chavez e os responsables municipais.
O delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, achegouse hoxe ata Redondela para saudar aos alumnos que iniciaron a súa formación no Redondela Vila Bela, o obradoiro de emprego posto en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
O Goberno galego destina a este taller, no que se formarán 20 desempregados nas especialidades de cantería e agricultura ecolóxica, xardinería e viveiras, preto de 280.000 euros. Os obradoiros de emprego, a través dos que os participantes reciben formación e un contrato de traballo, ademais dun certificado de profesionalidade con validez en todo o Estado, presentan varias novidades nesta última convocatoria. A máis destacada polos concellos, profesorado e alumnado é a ampliación da duración dos programas xerais de 6 a 9 meses.
Unha das actuacións máis relevantes que desenvolven estes alumnos é o acondicionamento da parcela de Fenosa, na que se están a construír uns xardíns que segundo a responsable de emprego, Carmen Amoedo, sorprenderán pola súa orixinalidade, xa que non será uns xardíns ao uso e se crearán de cara ao viaduto co obxecto de darlle protagonismo a esta emblemática estrutura de Redondela.