Despois da goleada ante o Racing Vilariño no campo de fútbol de Parada, os de Chapela están a 3 puntos do ascenso directo, como terceiros de grupo. No club están convencidos de conseguir o obxectivo e acadar unha praza na Segunda Autonómica sen pasar a fase de ascenso. O próximo rival será o Balaídos, no campo federativo de Coia.
O Chapela C.F. escalou ata a 3ª praza da Terceira Autonómica logo da goleada sobre o Racing Vilariño, o pechacacelas do grupo. Teñen o ascenso directo a tres puntos. O domingo xogarán en Coia, no campo do Balaídos, que é 6º, con tres puntos menos que os redondeláns. Todo está moi apertado na cabeza da táboa, onde pelexa tamén o Atl. Vilar, e encadear dúas vitorias ou dúas derrotas pode ser determinante nos postos de ascenso. No club confían na “calidade” do equipo, que comezou o ano cunha xeira moi positiva da resultados, con 12 puntos dos 15 posibles nas cinco xornadas disputadas. Antonio Silva, o presidente do club, sinala que esta semana preparan o encontro do próximo domingo, xogarán en Vigo ante o Balaídos, no campo federativo de Coia. Os anfitiróns, que son sextos na táboa, están tres puntos por baixo na clasificación, polo que unha victoria será “vital” para seguir na carreira polo ascenso directo. Silva “confía nas posibilidades do equipo”, nun club que está a medrar acadando moi bos resultados tamén nas categorías inferiores. No Chapela C.F. coidan a súa canteira e amósanse moi orgullosos polo feito de que boa parte do equipo sénior estea composto por mozos formados nas categorías base do club.