Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo de inscrición no programa de conciliación de Semana Santa

RR_Noticias

As actividades desenvolveranse en seis parroquias do concello, Cesantes, Chapela Negros, Redondela, Saxamonde e Ventosela os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril en horario de 9:00 a 14:00 horas. En total 105 prazas dispoñibles nas que se poden inscribir nenos e nenas que teñan entre 4 e 14 anos de idade. O prazo de inscrición está aberto ata o mércores 28 de febreiro.

O principal obxectivo desta actividade é promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias do noso concello durante estas vacacións de Semana Santa, ao mesmo tempo que ofrecer a posibilidade de que as nenas e os nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste período de vacacións.
Este Programa, ao que hai que inscribirse previamente, ofértase para menores de 4 a 14 anos, cuxa nai ou pai teña unha antigüidade no empadroamento no concello de Redondela de como mínimo 1 ano. Para menores con necesidades educativas especiais se avaliará cada solicitude de maneira individual.
O Programa desenvolverase os días 26, 27 e 28 de marzo e 2 de abril, en horario de 09.00 a 14.00 horas. Ofértanse 15 prazas no Centro cultural de Cesantes, no Multiúsos de Chapela, na Asociación de veciños de Negros, no Centro cultural Chan das Pipas de Saxamonde e na Asociación deportivo cultural Miñoteira en Ventosela. No Multiúsos da Xunquiera a oferta increméntase a 30 prazas.
Para poder participar é preciso presentar no Rexistro xeral do Concello de Redondela a ficha de solicitude de participación e documentación anexa, que se pode descargar da páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM).
O prazo de inscrición está aberto dende o pasado luns 12 de febreiro e remata o mércores 28 de febreiro. A listaxe de admitidas/os será publicada o venres 16 de marzo na páxina web do Concello e nas oficinas do Centro de información ás Mulleres.
Para máis información podédesvos dirixir ao CIM (Centro de Información ás Mulleres), na rúa Isidoro Queimaliños, núm. 2, ou chamando ao 986 40 80 43.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará