A Casa da Cultura de Soutomaior acolle este sábado ás 19 horas unha charla de carácter práctico ante a problemática da vespa velutina. Unha actividade que correrá a cargo da Asociación de defensa dos polinizadores de Galicia Depolgal. O concello organiza esta actividade dentro das accións encamiñadas a eliminar esta especie invasora, da que se retiraron máis de 150 niños. Tamén se está a repartir, a aqueles que o soliciten, trampas e cebo líquido.
Trátase de unir esforzos mediante a acción educativa e a aplicación de estratexias didácticas para loitar contra esta nova especie invasora coñecida como a vespa asiática.
Por iso, o Concello e a Asociación de defensa dos polinizadores de Galicia ” Depolgal” e coa colaboración de Agro Arcade impartirán esta charla despois de realizar unha similar hai uns
Estes insectos son unha ameaza para as poboacións autóctonas de vespas e outros polinizadores indispensables para a boa marcha e conservación do medio ambiente.
Así mesmo, as súas picaduras supoñen un perigo para as persoas, especialmente para aqueles que son alérxicos.
Con estas charlas búscase ensinar á poboación a tomar as medidas oportunas para previr os prexuízos reais que poden carrexar.
O Concello de Soutomaior leva tempo traballando neste problema e logrou eliminar por medios municipais máis de 150 niños de velutina así como a entrega, a quen o solicitou, de trampas e cebo líquido