Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla debate en torno o despoboamento do rural

RR_Noticias

A Asociación Amigos das Bibliotecas municipais organizan unha nova charla a cargo do profesor de historia, David Faro. O despoboamento do rural é o tema elixido para esta palestra que se desenvolverá o venres ás 20:30 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Partindo do libro “A España baleira” de Sergio del Molino analizarase un problema que está a provocar o abandono paulatino de multitude de aldeas e vilas tamén en Galicia.

Os Amigos das Bibliotecas retoman as súas actividades con esta charla a cargo de David Faro. Baseándose no libro “La España vacía: viaje por un país que nunca fue” percorrerá xunto co público as peculiaridades dun país onde o despoboamento progresivo do rural configura unha nova realidade xeográfica a raíz do éxodo xeralizado vivido en só vinte anos, entre 1950 e 1970, cando o campo se baleirou. Explica Faro que as causas son múltiples pero que responden en xeral a que “o rural foi un mundo maltratado polos grandes movementos da historia contemporánea”. Feito que levou a que máis da metade do territorio estea ocupado por tan só o 13% da poboación dando lugar a zonas do rural completamente abandonadas. Unha realidade que esperta un elevado interesa como o demostra o feito de que o libro de Sergio del Molino teña vendido máis de 50.000 exemplares, unha cifra importante para un libro de carácter ensaístico.  

David Faro profesor de historia
Unha charla sobre o despoboamento
"La España vacía"
Un ensaio sobre o éxodo do rural que baleirou as aldeas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará