A Igrexa San Pedro de Cesantes acolle este domingo 25 ás 19:00 horas unha nova actuación enmarcada dentro do ciclo pórtico Sonoro que organiza a Concellería de Cultura. Nesta ocasión o concerto correrá a cargo do coro de Cámara Rías Baxas fundado en Vigo no ano 2014 cun repertorio no que se inclúen obras de autores musicais como Mozart, Purcell, Haendel e Rossini, entre outros.
Unha actuación de balde, enmarcada no ciclo de música nas Igrexas que busca levar a música clásica a espazos pouco habituais. A actuación terá lugar o domingo con entrada de balde e os asistentes poderán gozar coa música deste Coro de Cámara Rías Baixas cuxo principal atractivo é a versatilidade e a perfecta combinación á hora de poder colaborar con orquestras e bandas musicais de todo tipo, sobre todo das comarcas do Sur de Galicia.
Este Coro, cuxa iniciativa de servir tamén de formación a novos solistas segue en pé, tamén impulsa o traballo con novos compositores aos que arroupan e serven de ferramenta de traballo.
Unha proposta musical sempre agradable e de altísima calidade que terá lugar en Cesantes este domingo día 25 a partir das 19:00 horas da tarde, e como sempre con entrada gratuíta.