A xuntanza terá lugar na Casa da Cultura esta tarde ás 20:00 horas. No caso de Redondela poderán beneficiarse destas axudas propietarios das parroquias de Cedeira, Cesantes, O Viso, Quintela, Redondela, Saxamonde e Vilar de Infesta. As axudas consisten nunha subvención que pode acadar un máximo de 15.000 euros por vivenda.
Poden beneficiarse das mesmas todas as vivendas que cumpran os requisitos e estean emprazadas nas parroquias polas que pasan as sete rutas do Camiño de Santiago. Nas zonas urbanas e de acceso ás vilas e cidades o ámbito queda limitado ás vivendas emprazadas no trazado do camiño.
Consideraranse actuacións protexibles a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en vivendas, edificios de vivendas e vivendas unifamiliares a fin adecualas á normativa vixente.
A área de rehabilitación dos Camiños de Santiago conta en 2018 cun orzamento total de 2,9 millóns de euros para actuacións de rehabilitación de vivendas e edificios de vivendas. Esta área comprende as sete rutas do Camiño de Santiago declaradas e delimitadas en Galicia, incluíndo 107 concellos e preto de 500 parroquias.
Dadas as especias características de dispersión xeográfica desta Área de Rehabilitación Integral, a Xunta realiza charlas informativas nos concellos incluídas na mesma que o solicitan, dirixidas aos titulares de vivendas susceptibles de beneficiarse das axudas deste programa.