Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER alerta de risco de accidente nas obras que o concello está a desenvolver na Miñoteira

RR_Noticias

Reclaman ao concello que mellore a seguridade nas obras que se están a realizar na parroquia de Ventosela consistentes no levantamento dun muro de pedra de importantes dimensións. Explican que a zona é moi concorrida por cativos e cativas pola existencia nas súas inmediacións de dous parques infantís e critican que a empresa contratada para realizar os traballos non delimitara a área para evitar riscos. Por este motivo, reclaman o inmediato balizado da zona.

Engaden dende AER que a obra que está a realizar unha empresa contratada polo concello para que fixera o desterro e a continuación procedese ao levantamento dun muro con bloques de pedra de granito na zona da Miñoteira, presenta graves faltas de seguridade. Explican que “xusto ao lado de onde se están desenvolvendo os traballos atópanse dous parques infantís moi concorridos por cativas e cativos durante a semana e sobre todo durante as fins de semana, nenos que poden acceder a o lugar pois a empresa executante non delimitou a área de traballos, existindo un alto risco de que estes poidan sufrir unha caída dende o alto do muro”.
AER pregúntase que tipo de control realiza o goberno local sobre as obras que contratan, quen vela pola prevención de riscos laborais e como é posible que estes aspectos se lles escapen ao director de obra. Por estes motivos, AER demanda que o goberno local actúe neste caso concreto esixindo o balizado da zona para evitar riscos innecesarios e que asuma os seus deberes de control e fiscalización das contratas que traballan nas obras públicas que contrate.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará