Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Xunta transfire ao Concello o tramo urbano da N-550

RR_Noticias

Trátase dun treito antigo da actual estrada nacional que fora transferido polo Estado á Xunta despois da construción dunha variante da N-550 no núcleo de Redondela. Esta infraestrutura ten carácter urbano, constituíndo unha rúa da vila e, ao pasar a ser municipal, verase liberada das restricións propias da rede autonómica.Coa transferencia, o Concello pasa a ser responsable da conservación e mantemento e poderá actuar sobre esta vía de acordo coas súas características, sen ser de aplicación as restricións da normativa autonómica de estradas, como por exemplo as limitacións de usos ou actividades nas súas marxes ou os accesos.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación da transferencia ao Concello de Redondela da travesía interior deste municipio e os seus ramais de enlace coa estrada N-550.
Este municipio solicitou a Consellería de Infraestruturas e Vivenda o cambio de titularidade da travesía interior de Redondela (antiga N-550). Trátase dun treito antigo da actual estrada N-550, transferido polo Estado á Xunta en 1982, xurdido como resultado da construción dunha variante da estrada nacional no núcleo de Redondela.
Ao abeiro das previsións legais, a Área de Planificación e Programación da Axencia Galega de Infraestruturas informou favorablemente o cambio de titularidade da travesía interior de Redondela e os seus ramais de enlace coa estrada N-550, que ten funcionalidade local e conta cunha alternativa de maior capacidade.
Esta infraestrutura ten un carácter eminentemente urbano, constituíndo unha rúa do núcleo de Redondela, acoutada polas edificacións e con múltiples accesos a rueiros secundarios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará