Os integrantes da compañía redondelá Tanxarina están de parabéns logo de recibir o seu último espectáculo o recoñecemento da profesión co premio María Casares ao mellor espectáculo infantil. Uns premios que se entregaban onte na Coruña e no que o espectáculo Elisa e Marcela de A Panadaría foi o gran vencedor logo de colleitar catro premios, entre eles o de Mellor espectáculo, mellor dirección e mellor actriz protagonista.
Non é a primeira vez ques os integrantes de Tanxarina Eduardo Rdguez. Cunha “Tatán”, Miguel Borines e Andrés Giraldez recolle un Premio María Casares. Outro dos seus espectáculos, a Casa do Avó recibira tamén o galardón na categoría de mellor espectáculo infantil.
Nesta ocasión o premio foi para a última proposta da veterana compañía, A galiña Azul, na que baixo a dirección de Cándido Pazó adapta o conto de Carlos Casares. Unha montaxe que conta con escenografía e monicreques de Pablo Giráldez Pastor e música de Paco Barreiro e na que os integrantes de Tanxarina combinan traballo actoral con monicreques, unha combinación marca da casa da compañía redondelá, unha das máis lonxevas de Galicia.