Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Charla en Reboreda en torno ao “Monte queimado: perigos e oportunidades”

RR_Noticias

O Colectivo Artelixo convoca este sábado na Sociedade Labrego Cultural de Reboreda ás 19:00 horas unha charla sobre o monte comunal. Contarase coa presenza de Xosé Lois Rey Muñiz, delegado de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural así como presidentes das Comunidades de Montes do Concello e da Comunidade de Montes de Teis para participar na reflexión.

Esta é a segunda charla deste tipo que leva a cabo o colectivo Artelixo, dentro da campaña de sensibilización comunitaria “Outro monte é posible”. Nesta campaña están previstas diversas charlas en diversas parroquias do Concello, especialmente naquelas que se viron máis seriamente afectadas polos lumes do pasado mes de outubro. A primeira tivo lugar o pasado mes de novembro en Ventosela, e tratou sobre a autodefensa perante o lume.
Esta segunda charla terá lugar este sábado na Sociedade Labrego-Cultural de Reboreda e tratará sobre que facer cun monte queimado. Que perigos e, á vez, que oportunidades se presentan para os propietarios particulares e para as comunidades veciñais. Para axudar á reflexión contarase coa presenza de Xosé Lois Rey Muñiz, delegado de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural. A canda el, están convidados os presidentes de todas as Comunidades de Montes do Concello, e tamén da Comunidade de Montes de Teis, para participar na reflexión.
Na charla, como xa se fixera na anterior cita, distribuiranse entre os presentes un folleto con indicacións de actuacións en montes queimados. Esta convocatoria é aberta a toda a sociedade e especialmente aos veciños sensibles que estean dispostos a traballar en prol da natureza para a posteridade.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará