Hoxe é Sábado 30 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Xornadas formativas para promocionar o noso negocio a través da Internet

RR_Noticias

Autónomos, comercios e empresas están cada vez máis presentes na rede. Máis que unha opción, a día de hoxe é xa un requisito indispensable para sobrevivir nun mercado no que o cliente busca, se informa e compra -produtos ou servizos- a través da Internet. A consultora local Onthebus en colaboración coa Asociación de empresarios de Redondela  organizan o mércores 11 e xoves 12 dúas xornadas para achegar aos interesados unha formación intensiva en marketing dixital. Cada unha das actividades ten un custe de 5 euros para os asociados ao colectivo empresarial, 8 euros o resto dos participantes.

Unha formación intensiva que se desenvolverá na sede da Asociación de Empresarios o mércores e xoves da vindeira semana en horario de tarde, a partir das 20:30 horas. Os asistentes terán a oportunidade de achegarse ao marketing dixital en dúas sesións prácticas nas que se falará de SEO básico e mini web. A primeira das citas correrá a cargo de Pablo Arias experto en creación e mellora de páxinas web. Abordarase nesa sesión cuestións básicas e de carácter práctico que facilitará aos participantes coñecer como contratar un dominio web, saber que é un servidor, que pasos básicos hai que dar para crear unha páxina, onde atopar modelos ou cales poden ser os máis útiles das existentes. Wajari Velasquez será o experto que o xoves aborde a cuestión do posicionamento SEO, é dicir, como podemos lograr que a nosa páxina web sexa das primeiras posicionadas cando facemos unha búsqueda en google.  

Sonsoles Castiñeiras Onthebus
Unha iniciativa para todo tipo de emprendedor negocio o empresa
Páxina web
Como crear ou mellorar a nosa páxina web
Posicionamento SEO
Como posicionarnos en google sen investir en publicidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará