Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O XIX Festival de Títeres reunirá en Redondela 26 compañías de ámbito internacional

RR_Noticias

Un total de 26 compañías de Perú, Reino Unido, Francia, Dinamarca, Arxentina, Portugal, Cataluña, Andalucía, Castela e León, Murcia e Galicia, compoñen o cartel da 19ª edición  que se celebrará entre o 14 e o 20 de maio. A programación comezará coa campaña escolar e de sala, con actividades na rúa o Día das Letras Galegas e a fin de semana

A XIX edición do Festival Internacional de Títeres “Juanjo Amoedo” encherá as prazas e rúas da vila do mellor teatro de monicreques do mundo do 14 ao 20 de maio. Un total de 26 compañías da máis variada procedencia comporán o programa deste ano, que inclúe campaña escolar, programación de sala e espectáculos de rúa o Día das Letras Galegas e mais na fin de semana.
Programación escolar
A compañía galega Viravolta títeres dará o pistoletazo de saída á programación escolar co espectáculo “Barriga Verde” no Auditorio Piñeiral do Crego de Chapela, que se trasladará dende o martes ao Multiusos da Xunqueira, con representacións do francés Don Davel, os murcianos de Periferia Teatro e os redondeláns de Tanxarina Títeres.
Sala
O Multiusos da Xunqueira tamén acollerá a programación de sala dende o mércores, onde se poderán gozar dos espectáculos “Le Fumiste” do francés Don Davel, “A Galiña Azul” de Tanxarina, “The Parachute” do británico Stephen Mottram, “El juego del tiempo” do chileno David Zuazola. O sábado, os murcianos de Periferia teatro escenificarán “Vuela Pluma” e a compañía de  Jordi Bertrán porá en escena “Poemes Visuals”. O domingo será a quenda dos galegos de Baobab Teatro con “Pum! Pum!” e os andaluces de Títeres Etcétera con “El Alma del Pueblo”.
Programación de rúa e actividades complementarias
O día das Letras Galegas e o sábado e domingo, os monicreques sairán á rúa para ofrecer representacións nas principais rúas e prazas de Redondela, con máis de 40  sesións de títeres, espectáculos itinerantes a cargo dos portugueses EZ Project e os galegos de Troula e EducaTeatro e moita música.
Ademais da programación teatral, as actividades paralelas deste ano inclúen o Espazo lúdico na Pista da Xunqueira, os Títeres pola Gorra e a exposición de Tanxarina títeres “Unha xanela ao mundo dos monicreques”, no que o coñecido e galardoado grupo redondelán fará un percorrido por toda a súa carreira artística a través dos monicreques empregados nos máis coñecidos dos seus espectáculos. Así como o concerto de María Fumaça o Día das Letras Galegas e a ruada interactiva “10.000 leguas de viaxe pola vila”, que este ano ten como protagonista os animais mariños, e que partirá do peirao de Cesantes ata o centro de Redondela.
Mercadiño Titiriteiro
O 24 de abril abrirase a conta bancaria, para aqueles que queiran solicitar un posto no Mercadiño Titiriteiro, que dende hai anos conforma unha cita ineludible para todos aqueles creadores que desexan expoñer e vender os seus traballos relacionados co mundo dos títeres. As bases e condicións xa están dispoñibles no Facebook do Festival.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará