Arrancou o Artelixo cun total de 69 obras que durante toda a semana poderemos ver en rúas, prazas e escaparates de Redondela e Chapela. Dende obras de gran tamaño como a Miñoca reutilizable que percorre toda a rúa Reveriano Soutullo realizada pola Anpa de Cedeira ou o Palco elaborado polo Asociación Millo Verde. Peor tamén outras de menor envergadura ubicadas nos escaparates de Cal3, Jorge Rubín ou Yirandola, entre outros.
Obras algunhas reivindicativas, de denuncia, outras que buscan converter o lixo en algo fermoso e útil, como o rincón de lectura elaborado polos usuairos da biblioteca de Chapela a partir de xornais e libros vellos. En todos os casos, o elemento común e esa reutilización do lixo: tapóns, botellas, mesas vellas, CD estragados… que se converten grazas ao traballo e a imaxinación nun elemento decorativo, nunha obra de arte que formará parte da nosa paixase durante esta semana.
A proposta, que arrancaba o pasado sábado cun participativo obradoiro de cabezudos no paseo de Cardona en Chapela, prolongarase ata o vindeiro día 21 de abril, xornada de clausura na que o obradoiro trasladarase a Alameda. Celebrarase tamén o concerto de micos abertos rebautizado como Sonalixo, terá lugar o recital poético parnalixo e como novidade nesta semana o artista local Kiko Amoedo pintará un portal da Avenida Ernestina Otero, co obxecto de que o festival deixa tamén a súa pegada permanente na rúa, dándelle unha nova imaxe a portas e portelos que se atopan deteriorados.
Durante toda a semana podemos achegarnos tamén a dúas exposicións que permanecen no Multiúsos da Xunqueira, “A arte do cachivache” e unha lixoretrospectiva fotográfica.