O home, Roberto L.V. veciño de Vigo, falecía no mediodía de onte, ao redor das 13:00 horas, cando transitaba polas inmediacións de Chan das Pipas en Saxamonde. A alerta deuna unha persoa que se decatou da presenza da vítima tirada no chan, inconsciente e con respiración e pulso moi débil, polo que decidiu chamar ao servizo de emerxencias 112. Os sanitarios que se desprazaron ao lugar nada puideron facer por salvarlle a vida.
Todo apunta a que o falecemento se tería producido por causas naturais, ao non presentar a bicicleta ningún indicio de golpe ou atropelo.