Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Conselleiro de Economía avalía coas empresas medidas para mellorar a competitividade

RR_Noticias

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou nun networking no que escoitou as suxestións dos empresarios, emprendedores e comerciantes deste concello. Resaltou as facilidades que ofrece a nova Lei de implantación empresarial e o importante papel dos Concellos Emprendedores para a captación de novos investimentos

No encontro repasáronse os apoios en materia de emprego e comercio, así como as axudas do Igape, como a nova convocatoria do programa Galicia 1000 que este ano pretende achegar financiamento a máis de 3000 empresas
No encontro, Conde destacou a Lei de implantación empresarial e as súas vantaxes para o desenvolvemento de iniciativas empresariais e industriais en Galicia. Así, as compañías interesadas en implantarse na Comunidade contarán cunha maior simplificación administrativa, máis facilidades no acceso ao solo industrial e máis incentivos fiscais. Neste sentido, insistiu no importante papel que teñen os Concellos Emprendedores para conseguir estes obxectivos e lembrou que un de cada tres municipios xa se adheriu a este convenio ou está en vías de facelo, como é o caso de Redondela.
Ao longo da reunión tamén se explicaron os apoios activados en materia de emprego -tanto en ordes destinadas a autónomos, contratación en pemes, unidades formativas para ocupados e desempregados, como obradoiros duais-; e os apoios que a Xunta puxo este ano en marcha dirixidos ao pequeno comercio e, en concreto, ao asociacionismo comercial para optar aos 2,5 millóns de euros destinados tanto á dinamización comercial, fidelización e mellora da competitividade de centros comerciais abertos e asociacións de praceiros, como para a revitalización do comercio a través de apoios a asociacións de ámbito superior ao municipal ou federacións.
Ao longo do encontro, os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer os servizos e axudas que ofrece a Consellería a través do Igape, tanto desde o punto de vista do nacemento dunha idea ata a decisión de crear unha compañía, como para a súa consolidación e posterior internacionalización.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará