Hoxe é Sábado 30 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Elefantes de papel: 52 relatos, 52 presentacións

RR_Noticias

A biblioteca de Chapela acolle este venres a presentación do libro solidario “Elefantes de Papel”. Unha publicación enmarcada dentro dun proxecto solidario que parte dos dous autores do libro, Berto Pirata e María Salina. En cada localidade na que se presentan parte dos beneficios das vendas do libro van destinados a unha ONG ou Asociación, neste caso o colectivo será a Asociación de Persoas con Necesidades Especiais Andaina.

O libro é un compendio de 52 relatos curtos en galego e castelán, escritos conxuntamente por Berto Pirata e mais por María Salinas e ilustrados por Humberto Ademar Farias Igrexas. A finalidade desta miscelánea de relatos é crear unha onda de solidariedade. O libro vai ser presentado nun total de 52 localidades de toda Galicia e do resto do Estado (hai xa pechadas seis presentacións en Madrid) Ademais de buscar mover conciencias e promover a solidariedade, os autores doarán á asociación Conrazones da Guarda un euro das vendas de cada libro e, en cada localidade na que se presenten, destinarán outro euro de cada venda a un colectivo local. Neste caso a asociación elixida é Andaina. Con todo, o proxecto non remata aí, xa que unha vez rematadas as presentacións todo o recadado será destinado a unha nova iniciativa aínda por desvelar. A presentación de hoxe terá lugar ás 20:00 horas e anuncian que “non será unha presentación ao uso, será animada, haberá música e sorpresas” polo que animan a todo o mundo a se achegar. Ademais dos autores dos textos estarán presentes Olga Lalín de Andaina e Berto Covelo, encargado da ambientación musical.  

Berto Pirata autor
Un libro con 52 relatos escritos en galego e en castelán
Proxecto solidario
En Redondela colaboran con Andaina

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará