Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Colexio Padín Truiteiro adaptará o centro para os novos alumnos de infantil

RR_Noticias

Baños adaptados á estatura dos alumnos máis cativos, pavimentos, varandas, elementos de seguridade específicos e espazos comúns preparados son algunhas das medidas que o Concello de Soutomaior tomará para adaptar o centro escolar Padín Truiteiro aos novos usuarios de educación infantil que a partir do vindeiro curso trasladaranse a estas instalacións dende o actual edificio da Oliveira. O alcalde, Agustín Reguera, asegura que estas medidas xa se acordaron coa dirección do centro no pasado mes de abril, respondendo así ás críticas do  BNG que recentemente reclamaban medidas neste sentido.

O Concello de Soutomaior está levando a cabo unha profunda renovación no sistema educativo do municipio. Ademais da construción do novo instituto de ensino secundario e bacharelato, o goberno local acaba de presentar unha serie de medidas para adaptar o CPI PadinTruiteiro para as necesidades dos alumnos de educación infantil que o próximo ano trasladaranse desde o edificio da Oliveira.
Baños adaptados á estatura dos novos alumnos, pavimentos, varandas, elementos de seguridade específicos e espazos comúns preparados son algunhas das medidas previstas “resultado do encontro que o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, mantivo co director do centro, Modesto Campos, e o Xefe de Estudos, Francisco Obelleiro, o pasado 25 de abril, e no que se concretaron tanto as actuacións como a prioridade de cada unha, de maneira que as máis urxentes levarán a cabo este verán e iranse concluíndo as restantes durante o desenvolvemento do curso”.
O alcalde, Agustín Reguera, sinalou que desde o Concello leva traballando hai tempo nesta materia, realizando xestións, ademais de co centro, coa Consellería de Educación “para que eles tamén se fagan cargo dunha parte desta adaptación ás novas necesidades”.
Aproveitou para saír ao paso das declaracións do representante nacionalista, Manu Lourenzo, na que solicitaban estes traballos “agradezo a preocupación do BNG, pero chegan un par de meses tarde. É un tema no que xa traballamos hai tempo e que xa estamos a solucionar” conclúe Reguera.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará