Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Tradición e rock nas Festas da Coca

RR_Noticias

A tradicional danza das Espazas e as Penlas e a elaboración das alfombras, con presenza por segundo ano de alfombristas de Cesantes e Santo Estevo, son os elementos distintivos dunhas festas que arrancarán na xornada do mércores co pregón a cargo do Antigo grupo Folclórico de Redondela e unha homenaxe póstuma a unha muller vinculada durante catro décadas ao Corpus, Esther Sánchez Miguez. A música será tamén protagonista indiscutible coas verbenas a cargo de dúas das orquestras máis potentes de Galicia: a París de Noia e a orquestra Panorama. Unha programación que non quere deixar de lado “o espírito rockeiro de Redondela” e que inclúe tamén un concerto a cargo dos grupos Masterplan, Supernatural e Vhaldemar.

Durante 40 anos foi a persoa encargada de confeccionar os traxes dos cabezudos, dos Avós e incluso das Burras e as Penlas, Esther Sánchez Míguez. Unha vinculación durante décadas a esta celebración que será lembrada na xornada inaugural da festa, o mércores 30 a partir das 20:00 horas, logo da lectura do pregón. Nesa xornada terá lugar o acto solemne de relevo das penlas e arrancará a elaboración das alfombras florais nas rúas de Redondela. 130.000 flores serán empregadas para elaborar os tapices ademais doutro material “nos últimos anos introducimos sal tinguida e café, pero basicamente as alfombran fanse con flores e verde: mirto, tulla, pampullos…” explicaba Marga, unha muller que leva xa 25 anos colaborando neste traballo “dende que era nena”. Un traballo que recae en mulleres do centro da vila pero ao que se sumaron o ano pasado tamén alfombristas de Cesantes e Santo Estevo. Precisamente vinculado con esta tradición este ano a Concellería inclúe como novidade un obradoiro de arte floral que se desenvolverá o venres e sábado ás 19:00 horas na Alameda baixo o nome “Hoxe somos alfombristas”. A xornada grande será o xoves, festivo local, coa procesión polas rúas decoradas con alfombras florais e o baile homenaxe da Danza das Espazas e as Penlas na Praza da Constitución. Ese mércores os protagonistas da verbena no Campo da Feira son os membros da París de Noia e o xoves a actuación correrá a cargo da Orquestra Televisión. A xornada do venres está pensada para os amantes do rock, cun concerto no que estarán presentes os grupo Masterplan, Supernatural e Vhaldemar. As actividades festivas continuarán na fin de semana e será a Orquestra Panorama a encargada de pechar as celebracións deste ano cunha verbena o domingo ás 22:00 horas.  

Marga alfombrista
leva 25 anos como alfombrista
Sonia Burra
A Danza das Espadas e as Penlas outro elemento fundamental da festa
Supernatural grupo rock
A música rock estará presente no programa
Angela Méndez concelleira de eventos
Un programa no que tamén hai actividades orientadas aos nenos
Teresa París concelleira de Cultura
Tradición e festa van da man

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará