Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A choiva non pode coa tradición

RR_Noticias

As alfombras florais e a Danza das Espadas e as Penlas compartiron protagonismo coa chuvia na xornada festiva de onte. Malia as precipitacións, celebráronse os bailes e a tradicional procesión do Corpus, aínda que modificou o percorrido para facelo máis curto. Hoxe continúas as celebracións coa Coca dos Nenos e o obradoiro de alfombras florais. Pola noite a música rock chegará da man de Masterplan, Supernatural e Vhaldemar.

A choiva non puido coas tradicións en Redondela, onde milleiros de persoas se deron cita para gozar dunha celebración centenaria no día grande das festas. Moi pendentes do ceo, cando as nubes o permitiron saiu a procesión do Corpus Christi e bailouse a tradicional Danza de Espadas e as Penlas, aínda que se reduciron os bailes e só se fixeron dous, no atrio da igrexa e na Praza da Constitución. A Virxe da Gabacha recibiu a homenaxe dos fieis, aínda que cun percorrido máis curto, o que permitiu que as alfombras de flores pervivisen durante máis tempo. As inclemencias meteorolóxicas obrigaron tamén a suspender onte a exhibición de balonmán na rúa e a actuación dos grupos de baile de Vilar, Cedeira e Susi Salsa Rica, previsto na pista da Xunqueira.
A festa continúa hoxe venres co obradoiro de arte floral para nenos “Hoxe somos alfombristas”, ás 19.00 horas, e o concerto de rock cos grupos grupos Masterplan, Supernatural e Vhaldemar. As 21.30 horas no Campo da Feira.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará