Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncias de veciños, comerciantes e hostaleiros polo peche de aparcamentos en Arcade

RR_Noticias

Dúas das principais áreas de aparcamento do centro de Arcade foron pechadas sen previo aviso por parte do Concello. Trátase de zonas de aparcamento no centro urbano e que daban servizo a numeorsos veciños e comerciantes da zona. Desde o BNG denuncian “a falta de xestión” por parte do goberno local, que “improvisou” zonas de aparcamento a través de acordos con empresas construtoras.

Unha das zonas de aparcamento que se pecharon atópase na Avenida Xosé Solla e ten unha capacidade aproximada de 15 vehículos. A outra está na rúa Castelao, onde podían estacionar máis de medio cento de vehículos. Con esta medida, e tal e como denuncian veciños e comercintes, agrávanse os problemas de tráfico e aparcamento de Arcade. Ante a falta de información por parte do Concello, varios veciños e comerciantes puxéronse en contacto co grupo municipal do BNG para denunciar esta situación. O portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, lamentou que o goberno local, en vez de ordenar o tráfico e o urbanismo creando chan público, dedícase “a improvisar areas de aparcamento facendo tratos con empresarios da construción”. Agora os propietarios dos terreos decidiron pechar o aparcamento, co que veciños e os comerciantes “quedan sen servizo”. Pintadas na casa do voceiro do BNG O muro da vivenda do vociero nacionalista Manu Lourenzo apareceu onte cunha pintada. O acto vandálico é unha esvástica, suceso que xa lamentaron ducias de veciños nas redes sociais, que se solidarizaron co edil do Bloque. O concelleiro quixo restar importancia ao asunto, malia lamentar os feitos, e puxo o acento no exemplo de “convivencia, traballo e respeto” que dan a diario os veciños de Soutomaior. Desde o Concello, tanto o alcalde Agustín Reguera como o resto da corporación amosaron a súa solidariedade con Lourenzo e a súa familia, advertindo que actos así merecen “todo o desprezo, repugnancia e condena”.

Manu Lourenzo voceiro do BNG
O BNG de Soutomaior lamenta a falta de planificación do Concello en materia de tráfico.
Pintada no domicilio familiar
Lourenzo resta importancia ao acto vandálico que sufriu a súa vivenda e polo que xa recibiu o apoio e solidariedade de ducias de veciños e da corporación local.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará