Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior impulsa un novo estudo sobre as perdas no sistema de augas do encoro de Eiras

RR_Noticias

O Concello de Soutomaior segue dando pasos adiante para evitar o transvasamento do río Verdugo. O pleno municipal aprobou por unanimidade a proposta realizada pola Plataforma en Defensa do Verdugo (PLADEVER) na que se recollen varias medidas para a protección da contorna natural do río, e porán en marcha un estudo técnico independente que cuantifique as perdas reais de todo o sistema de augas desde a presa de Eiras.

Deste xeito poderase coñecer a situación real e detectar onde están os problemas para poder corrixilos e actuar en consecuencia, segundo manifestou o alcalde, Agustín Reguera. Do mesmo xeito, con este acordo, o goberno local de Soutomaior comprométese a apostar por modelos de xestión máis eficientes ante o escenario do cambio climático mediante un uso sustentable da auga e a protección dos caudais e acuíferos. Por último, a proposta recolle a posibilidade de crear un Consorcio da Auga da Ría de Vigo entre os diferentes municipios que se abastecen do sistema Eiras-Oitaven para establecer “unha nova cultura da auga” no marco da Directiva Europea da auga. O concelleiro do BNG, Manu Lourenzo, aplaude a inciativa e salienta unha vez máis o prexuizo que suporía o trasvasamento tanto para o medio ambiente como para o sector pesqueiro e marisqueiro de Arcade. Tamén o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explica que con este acordo poñen de manifesto unha vez máis o rexeitamento de Soutomaior ao transvasamento do Verdugo. Entende que outros alcaldes queiran que non lles falte a auga aos seus veciños, pero Reguera advirte que non permitirá que aos traballadores do sector “lles falte nin a auga nin o sustento e o medio de vida que lles supón o río”. Desde o BNG explican que é presico un cambio de mentalidade e un xiro total no modelo de xestión da auga apra buscar modelos máis sustentables. Advirte Lourenzo que non existe un problema de falta de auga en Galicia, senón “unha mala xestión dese recurso”.  

Manu Lourenzo edil do BNG
Lourenzo aplaude o apoio unánime da corporación ante o prexuizo que suporía para Souotmaior o trasvasamento do río Verdugo.
Xestión sustentable
Lourenzo avoga por un novo modelo de xestión da auga máis sustentable.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará