Hoxe é Xoves 26 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela reduce a taxa de paro ao 13%

RR_Noticias

María do Carmen Amoedo lembra que no ano 2011 cando o PP chegou ao goberno a taxa de paro era do 21%. Segundo a tenente de alcalde os datos actuais “avalan as políticas de emprego implantadas polo goberno local”. No mes de maio 77 persoas conseguiron emprego, obtendo un saldo de parados de 1.752 persoas.

O Concello de Redondela segue encadeando meses de baixada de paro chegando a taxas non alcalzadas dende hai mais de 10 anos. En 2011 a taxa de paro en Redondela era superior ao 21 % e nestes momentos Redondela é o municipio da provincia de Pontevedra de máis de 10.000 habitantes coa menor taxa de paro. Amoedo sinala que as políticas de emprego como os plans de emprego e os obradoiros de emprego están a lograr anualmente un alto ratio de empregabilidade . Estes resultados permiten que o Concello de Redondela poida repetir ano a ano estes programas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará