Neste verán, a parte das actividades clásicas como as actividades nocturnas cos pais, parque acuático en Portugal, acampada ou festa da bicicleta, tamén haberá unhas interesantes novidades. Entre elas o tren turístico para desprazarse ata o Castelo de Soutomaior e visitar a súa exposición audiovisual. E non faltarán os inchables acuáticos, visita ao acuario ou procuras do tesouro. As acticidades están dirixidas a nenos de entre 3 e 15 anos.
Ata o venres 22 de xuño está aberto o prazo de inscrición para as actividades de verán do Concello de Soutomaior, nas que se espera a participación de máis de 300 nenos de idades de entre 3 e 15 anos. As inscricións pódense realizar na Casa do Concello, no Pavillón Municipal, a Omix ou a Biblioteca Municipal. As prazas son limitadas por grupos e a actividade está dirixida só para empadroados no Concello. O cordinador de Deportes no Concello, Francisco Igleias, explica que se trata dunha iniciativa coa que queren axudar “á conciliación familiar e laboral” ao tempo que os rapaces se divirten con diferentes actividades. Na programación está implicado no só o departamento de Deportes, senón tamén as áreas de Cultura, Medio Ambiente, Xuventude, etc, cordinando diferentes actividades para que os partipantes poidan gozar de todo tipo de obradoiros. As actividades iniciaranse o 2 de xullo e rematarán o sábado 28 co festival de clausura. Os 5 de grupos de idade estarán supervisados por 7 monitores titulados a parte dos monitores de cada actividade que se desenvolva. A partir do día 27 de xuño xa poderá verse a lista de admitidos e a programación da primeira semana na páxina web www.soutomaior.com ou en www.gabinetesoutomaior.com. Tamén se abre no mesmo prazo a inscrición para as actividades de verán deportivas con padel, tenis e patinaxe. Para estas actividades as inscricións realizaranse exclusivamente no Pavillón Municipal da Montesiña.