Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O VI Certame de Habaneras abre a programación de rúa cun concerto na praza da Casa da Torre

RR_Noticias

A música que une as dúas beiras do Atlántico será a protagonista do espectacular concerto que se celebra na noite de mañá sábado na praza da Casa da Torre. Participan cinco agrupacións corais chegadas do Morrazo, Maceda, Manresa e Redondela.

O sexto certame de Habaneras, que organiza a concellería de Cultura de Redondela, achega á Casa da Torre os nostálxicos sons desta música. O festival conta coa participación de cinco agrupacións corais: a coral polifónica Albricias, de Maceda, a coral polifónica de Beluso, a coral polifónica de San Esteban de Negros, o coro xuvenil do conservatorio de Manresa e a coral polifónica Ondas do Mar de Vigo, de Cesantes. O concerto destas agrupacións estará acompañado dun espectáculo de luz e imaxes. A cita é ás 22:00 horas con entrada de balde.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará