Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos e malabares en Redondela

RR_Noticias

Os máis novos teñen mañá unha cita cos “Venres Cativos” e os espectáculo “Raposadas” de Raquel Queizás, na praza de Lenda Ás 18.00 horas. O sábado a cita é na Praza da Casa da Torre coa compañía Pistacatro Produtora de Soños,que pon en escea “Un belo día”. Na Praza da Casa da Torre, ás 22.00 horas. As dúas actividades son de balde.

O venres 29 de xuño celebrarase un novo acto dos Venres Cativos, programación especial do programa Apego en Redondela. Desta volta a protagonista será Raquel Queizás co espectáculo de “Raposadas”, contos populares da nosa terra onde os animais se debaten entre o uso da forza ou da intelixencia para resolver conflitos. O acto será na Praza de Lenda ás 18h. O sábado a cita é co espectáculo de malabares, manipulación e equilibrio de mazas nunha linguaxe corporal única e impactante, transmitindo emocións integrando e intrigando ao público de todas as idades. É poesía surrealista vivida por unha moza que constrúe un mundo desde a súa visión persoal, dá vida ao que non ten vida, interactúa coa súa imaxinación e mergúllanos nun mundo fantástico onde todo é posible. Na Praza da Casa do Torre ás 22.00 horas.

Raquel Queizás
O espectáculo Raposadas ofrece contos populares da nosa terra onde os animais nos dan unha lección de vida.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará