Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As bicicletas toman Redondela este sábado

RR_Noticias

Máis de 250 ciclistas participarán na III Carreira Concello de Redondela. Dende as categorías escolares até cadetes de toda a comunidade daranse cita nesta carreira que percorrerá o casco urbano. A saída será ás 17.00 horas no campo da feira coa categoría alevín. Tamén haberá unha xincana de obstáculos para os máis pequenos na Alameda e premios para os mellores. O tráfico permanecerá cortado no casco urbano durante a celebración da proba que se prolongará até as 20.00 horas.

A Escola de Ciclismo de Redondela xunto ao concello organizan este sábado, 30 de xuño, a terceira edición desta carreira na que participarán dende os máis cativos até a categoría cadete. En total sete categorías entre principiantes, alevíns, infantís e cadetes, que sumarán máis de 250 corredores chegados de toda a comunidade e con presenza tamén lusa. O percorrido será circular, con saída e regreso ao campo da feira. Os primeiros en montar na bicicleta serán os alevíns, que terán que facer tres voltas e seguiranlle os infantís con oito. Os máis pequenos poderán participar nunha xincana de obstáculos na alameda de Redondela. Unha proba que pretende ser unha festa do ciclismo e converterse nunha proba consolidade e referente na nosa contorna. O edil de deportes, Julio Mougán, destacaba o espectáculo que supón ver o centro da vila cheo de bicicletas o que é reflexo, engade, do bo trallo que está a facer o club local. Redondela terá representación na Selección Galega Escolar Lucía Crespo Gómez representará ao municipio na selección autonómica que participará dende o seis e até o oito de xullo no Campionato de España Escolar de Ciclismo en Baños de Molgás, Ourense. A corredora, que leva cinco anos no club redondelán, foi escollida polo seleccionador, Guillerme Sande, entre os 26 ciclistas que competirán baixo a bandeira galega nas categorías infantil, cadete e cadete btt. Lucía Crespo será unha das catro compoñentes da categoría infantil feminina. Dende a Escola de Ciclismo, Carlos Caamaño, recoñecía que é un reto difícil pero confía en que teñan sorte e consigan un bo resultado. O Campionato de España comezará o venres, 6 de xullo, coas contrarreloxos individuais e por equipos da categoría cadete tanto masculina como feminina. O sábado 7 terán lugar as probas en liña infantil, e as competicións de xincana e btt.  

Concelleiro Deporte Julio Mougán
O edil destaca o bo traballo do club e agarda que a carreira logo de tres anos se consolide
Escola Ciclismo Carlos Caamaño
Camañoo salienta a alta participación da carreira
Redondela na Selección Galega Escolar
A redondelá Lucía Crespo Gómez foi escollida para participar no equipo da categoría infantil que representará a Galicia

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará