Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O VII Plan de Emprego consegue a inserción de 58 parados

RR_Noticias

Das 85 persoas que participan na sétima edición deste plan de emprego, 58 están traballando en distintas empresas da comarca a través de once convenios asinados entre o Concello de Redondela e as empresas. Trátase de menores de 30 anos con escasa cualificación, maiores de 45 ou perceptores da Risga. Os cursos prolongaranse até o mes de novembro e impártense en materias como xestión de almacén, carretilleiro, operario de produción, dependente de comercio, caixeiro de supermercado, traballos verticais ou limpeza industrial.

A concelleira Mª Carmen Amoedo pon en valor estas accións formativas que xa remataron 42 persoas e que facilitan a inserción laboral dos seus participantes. Amoedo fai fincapé en que os bos resultados obtidos en Redondela co cumprimento do ratio de empregabilidade esixida pola Consellería de Economía permite que cada ano o concello se beneficie destas subvencións.
 Dende o mes de marzo impartíronse cursos de 890 horas de duración de carretilleiro,  manipulador de alimentos, informática avanzada, monitor de tempo libre e atención ao público.
Os participantes teñen a oportunidade de participar en cursos formativos para adquirir competencias profesionais demandadas no tecido industrial e comercial da contorna e realizan  prácticas en empresas durante un mínimo de tres meses de duración.
O VII Plan de Emprego contou cun orzamento de 187.250 euros, dos que a Consellería de Economía, Emprego e Industria achega 157.290 euros, e o resto, o concello de Redondela.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará