Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Baloncesto solidario na Alameda de Redondela

RR_Noticias

Redondela, Ponteareas e Vigo foron as tres localidades escollidas pola Asociación Aslan para organizar o seu torneo solidario de Basket 3×3. Un colectivo que traballa a través de actividades lúdicas na integración de nenos en risco de exclusión social. Dentro do programa de actividades que organizan este sábado, a Alameda de Redondela acollerá dende as 11.00 e até as 21.00 horas un torneo desta modalidade deportiva.

A integración da mocidade é no ámbito no que traballa a Asociación Xuvenil Aslan que presenta o seu proxecto en Redondela coa organización deste torneo en colaboración co concello e o Club de Baloncesto. Ao longo do ano organizan actividades dirixidas a mozos en situación de risco de exclusión social, ademais dun servizo de ludoteca con comedor, reforzo escolar e formación en valores. Un torneo que tamén servirá para dar a coñecer ó Club de Baloncesto de Redondela que suma unha década de traxectoria e este ano contou con 160 licenzas e nove equipos nas categorías senior masculina e feminina, benxamíns e baby.  

Concelleiro Deportes Julio Mougán
O edil salienta a importancia do traballo que fai esta asociación cos mozos que máis o precisan
Asociación Aslan
A integración a través do deporte
Basket 3×3
Dende o colectivo explica en que consiste esta modalidade do baloncesto
Club Baloncesto Redondela
Tamén servirá para dar a coñecer ao club local que cont con 160 licenzas e unha década de traxectoria

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará