Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Malestar entre os veciños do Conde por unha torreta de 11 metros ao carón das súas casas

RR_Noticias

A intención de Augas de Galicia de colocar varias torretas de alarma na conca do Verdugo, tres delas en Soutomaior, está a xerar o rexeitamento dos veciños da Batería, no barrio do Conde, que denuncian a instalación de postes de once metros de altura con altofalantes e placas fotovoltaicas á porta das súas vivendas. Os afectados engaden que non foron informados previamente nin se lles pediu opinión sobre unha instalación que terá un importante impacto ambiental.

Ante esta situación varios veciños se puxeron en contacto co grupo municipal do BNG para denunciar unha situación que consideran inxusta e “na que nos tratan como se non existísemos”. Fan fincapé nas molestias e ruído que terán que soportar cada vez que fagan as probas. Aseguran que non se opoñen á instalacións das torretas pero piden consenso para buscar a localización máis óptima e que teña menos consecuencias para os residentes na zona.
Críticas ás que se suma o portavoz municipal do BNG, Manu Lourenzo, que considera que “non é de recibo que nin dende o Concello de Soutomaior nin dende Augas de Galicia se lles dese ningún tipo de información á veciñanza”. Lourenzo subliña que no concello instalaranse tres torretas deste tipo pero a da zona da Batería será a única que estea no medio dun núcleo habitado. Un lugar, engade, con alto valor paisaxístico.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará