Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Súmate á reciclaxe de plásticos por unha causa solidaria

RR_Noticias

Redondela incrementou á reciclaxe de plástico e envases máis dun 20% no mes de xuño con respecto a 2017. O reto é incrementar esa cifra neste mes de xullo para conseguir o premio de 2.000 euros ao que aspiran os 15 concellos incluídos no programa “Únete ao Reto”. De conseguilo,  ese premio xa ten destinatario, será a ONG Aldeas Infantís. Para iso a reciclaxe de plásticos e envases terá que incrementarse un 10% este mes.

A concellaría de Medio Ambiente pide un pequeno e último esforzo a toda a cidadanía para conseguir aumentar neste mes de xullo un mínimo do 10% a reciclaxe de plásticos e envases. Desta xeito conseguiríase o obxectivo do programa “Únete ao reto” que promove a consellería de Medio Ambiente e Ecoembes. Para conseguilo os 15 concellos incluídos no programa teñen que superar nos meses de maio, xuño e xullo, un aumento mes a mes do 10% no mesmo período de 2017.
Redondela en maio conseguiu aumentar un 12,83% a reciclaxe deste tipo de residuos e en xuño un 22,90 %, polo que segundo apuntan dende a concellería “estamos a moi pouco de conseguilo”.
De chegar á cifra requirida, o premio destinarase a asociación sen ánimo de lucro, Aldeas Infantís, que foi escollida polo colexio infantil San Pedro de Cesantes, un dos centros educativos que máis aceite doméstico conseguiu reunir. Os seus once alumnos recolleron 28 litros o que lles permitiu escoller ao destinatario deste premio. Tamén importante a cantidade recollida polos 16 alumnos do colexio unitario de Ventosela, que sumaron 28 litros e 63 o colexio Outeiro das Penas de Cesantes, aínda que neste caso cun maior número de participantes.
O departamento de Medio Ambiente agradece a todos os centros, alumnos, pais e profesores a súa implicación nesta campaña, que tiña dobre función. Por unha banda a reciclaxe de aceites para evitar que acaben contaminando as nosas augas e por outro que o que máis aceite lograse reunir fose quen decidise a que entidade social se entregará o premio da campaña “Únete ao reto”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará