O 18 de agosto celebrarse unha nova edición desta festa que nos últimos anos atrae a centos de persoas ao casco urbano de Redondela. Este ano o Concello xunto á asociación Érguete, promove unha programa de información e sensibilización para evitar o consumo de drogas e alcohol así como previr posibles agresións sexuais neste acto festivo.
O Obxectivo desta iniciativa, que se suma ás desenvolvidas no municipio no ámbito da prevención da drogodependencia e codutas aditivas pola asociación, e reducir as actitudes favorables ao uso de drogas, incrementar a percepción do risco asociado ao consumo de alcohol, proporcionar información sobre a xestión e actividades dos recursos preventivos co fin de aumentar a participación social, proporcionar alternativas de ocio ao consumo durante a celebración do Entroido de Verán e concienciar e reducir as agresións sexuais e machistas en contextos de ocio e diversión.
Dende Érguete xa se está a traballar con charlas nas autoescolas enfocadas ao consumo responsable de alcohol, e nas vindeiras semanas realizarán unha charla dirixida aos hostaleiros e encargados de supermercados para explicar as consecuencias da venta de alcohol a menores, dentro do programa “Ao Alcance”.
Nas vindeiras semanas o concello de Redondela porá en marcha unha campaña de concienciación con anuncios en diferentes medios de comunicación e redes sociais para fomentar os hábitos saudables e as condutas cívicas. Unha parte da comunicación enfocarase en evitar o acoso sexual no Entroido de Verán.