Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comezan a construción do colexio Igrexa na Finca da Ginaria

RR_Noticias

  Audasa iniciou oficialmente este mércores os traballos para a construción do novo centro educativo que deberá estar rematado en xuño do próximo ano e en funcionamento en setembro de 2019 coincidindo co inicio do curso. Ademais do colexio tamén se realizarán obras de urbanización para mellor a accesibilidade e seguridade dos accesos.

Até o curso 2019-20 terán que agardar o alumnos do centro de primaria e infantil, afectado pola ampliación da autoestrada, para estrear o novo centro. Veñen de iniciarse estes traballos coa redacción da acta de replanteo e comezo de obra por parte da concesionaria da Autoestrada do Atlántico que será a encargada da construción do centro a pouco máis de medio quilómetro da súa localización actual. Unha cambio de localización que responde á demanda feita dende o propio centro así como os pais e nais dos alumnos e a propia corporación municipal, logo de que a ampliación da autoestrada deixase o colexio Igrexa pegado a un dos carrís da vía, co consecuente perigo para a seguridade do alumnos. Presións que obrigaron a Audasa a restrinxir a circulación polo carril máis próximo ao centro educativo durante o período lectivo. Ademais das obras de construción do novo edificio, o concello de Redondela está a executar traballos na zona para adecuar os accesos a actividade educativa. O Alcalde de Redondela, Javier Bas, xunto a varios membros do seu equipo de goberno así como o equipo directivo do centro e membros da ANPA estiveron na zona onde se vai a situarse o colexio coa empresa que adxudicataria, representantes de Audasa e o Xefe Territorial de Educación da Xunta de Galicia, Cesar Pérez Ares, para informar sobre como se van a executar as obras e os prazos que se manexan. Segundo apuntan dende o goberno local o centro debería estar rematado en xuño do próximo ano e será dotado de mobiliario antes do inicio do período lectivo en setembro de 2019.  

Concelleira Urbanismo Mª Carmen Amoedo
Amoedo fai fincapé na importancia destas obras que foron froito das negociacións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará