Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación Contra o Cancro abre delegación en Redondela

RR_Noticias

Dende este venres contan cunha oficina no segundo andar do Multiúsos da Xunqueira onde asesorarán e apoiarán ás persoas con cancro e familiares todos os mércores dende as 12.30 ás 14.00 horas. Contarán cunha traballadora social e dúas psicólogas que atenderán aos pacientes previa cita. Inician esta nova etapa con varias actividades para os próximos meses como unha andaina solidaria, un curso de fotografía para familiares e unha cea benéfica.

A Asociación Contra o Cancro de Redondela, que atende a preto de 45 persoas na actualidade no noso municipio, vén de renovar a xunta directiva e inaugurar sede. A asociación presentou este venres a súa oficina no segundo andar do Multiúsos da Xunqueira, un espazo onde atenderán aos pacientes que padecen cancro e aos seus familiares dando un servizo de asesoramento, información e apoio. Labor que realizarán coa axuda dunha traballadora social, encargada de analizar cada caso, e dúas psicólogas que prestarán servizo tres días por semana, luns, mércores e xoves, con cita previa. Tamén ofrecerán outros servizos como apoio económico, banco de perrucas, camas ou cadeiras de rodas. Seguindo o legado da anterior xunta, os vinte compoñentes da xunta directiva en Redondela estarán presididos por Amparo Alonso Monteagudo, que destacaba a xuventude dos compoñentes e a ilusión coa que inician esta nova etapa para a que xa teñen preparadas varias actividades. A primeira delas será unha andaina o 11 de agosto que sairá da Igrexa de Cedeira até o “mellor banco do mundo” para dar a coñecer o traballo da asociación en Redondela e este novo proxecto. Para o mes de setembro teñen preparado un curso de fotografía para familiares que comezará o día sete e o día 28 dese mesmo mes celebrarán a súa cea benéfica anual. A concelleira de Servizos Sociais, Mª Carmen Amoedo, destacaba o importante labor que desenvolven no apoio a enfermos e aos seus familiares e anunciaba que continuarán colaborando coa asociación tanto economicamente como no ámbito loxístico. A Asociación Contra o Cancro de Redondela tamén pon a disposición de todo aquel que o precise un número de teléfono, 636772231, e un enderezo electrónico, redondela@aecc.es. Para a asistencia as 24 horas poden chamar ao 900100036.  

Concelleira Servizos Socias Mª Carmen Amoedo
Mª Carmen Amoedo subliñaba a importancia do labor que fai esta asociación e porén o concello continuará colaborando con ela
Presidenta Amparo Alonso
Alonso Monteagudo aseguraba que a nova xunta inicia esta nova etapa con ilusión e retomando o legado dos seus atecesores
Actividades
Comezan o programa de actividades cunha andaina o 18 de agosto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará