A deportista Verónica Alvarez, do Kick Boxing Club Arcade, proclamouse campioa de España de Kick Boxing Seniors no campionato que se celebrou en Guadalaxara os días 20,21 e 22 de Xullo.Verónica formaba parte da selección galega que se enfrentou a outras autonomías onde as rivais máis fortes foron as de Euskadi, Castela León e Valencia.
Do Club Kick Boxing Arcade tamén formaban parte da selección galega Ismael Pardo e Carlos Villar que lograron un bronce e Óscar Carracelas que non puido lograr medalla malia ser un dos favoritos.
O Kick Boxing Club Arcade segue sumando éxitos e é o club con mais logros dentro dos distintos campionatos e peza básica na selección galega de todas as categorías.