Remata una nova edición do mundiato da Xunqueira e xa van 44. Unha cita deportiva que volvía reunir durante todo este mes de xullo a centos de afeccionados que se achegaban a esa céntrica pista da Xunqueira a gozar do deporte. Logo das diferentes fases clasificatorias, disputarán a final este sábado os equipos Mola C.P e Hamburguesería Carletto nunha xornada que arrancará as 19:30 horas e que rematará coa entrega de trofeos.
Un ano máis os veciños de Redondela disfrutaron da emoción que transmite o deporte do fútbol sala e coma ven sendo habitual as gradas do campo da Xunqueira enchéronse tódolos días de nenos e maiores. Ademais, por primeira vez, este ano sumouse ao torneo a categoría Cadete.
Despois dun mes de intensos partidos nos que unha veintena equipos buscaban praza na final senior deste clásico torneo, este sábado 28 de Xullo chega ao seu fin.
Ás 19:30h comezará o acto de clausura coa disputa das finais da categoría cadete. En primeiro lugar xogarase a final de consolación Cadete e ás 20:00h a ansiada final desta categoría. Unha vez rematados ambos partidos terá lugar a final senior entre os equipos Mola C.P. e Hamburguesería Carletto que desfixéronse en semifinais de Cafetería Royal Picasso e Rodavigo respectivamente. Unha vez rematados estes encontros comezarase a entrega de premios na que se espera a presenza do alcalde, Javier Bas e do Concelleiro de Deportes, Julio Mougán.