O Concello de Redondela publicou no perfil do contratante as bases para a instalación de barras no recinto do Entroido de Verán que se celebrará o 18 de agosto. Os establecementos interesados dispoñen de sete días para presentar a súa oferta, e nestas barras non se poderá servir alcol. Son 13 os postos aos que se pode optar, 10 deles dentro do recinto do concerto e 3 na pista de baloncesto.
Como novidade e dentro da campaña de controlar o consumo de alcohol e fomentar os bos hábitos no entroido o Concello deciciu que este ano ningunha destas 13 barras poderán vender alcol. Esta medida súmase a outras xa iniciadas para controlar o botellón e o consumo de drogas, fomentar os hábitos saudables e impulsar conductas cívicas e de igualdade. Algunha medida xa está en marcha, como a campaña de Érguete contra o consumo de alcol con charlas nas autoescolas, charlas aos hostaleiros e supermercados sobre a venda de alcohol a menores.