Hoxe é Venres 29 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Novos aseos públicos na área recreativa de Comboa

RR_Noticias

Mañá martes entrará en servizo un novo módulo de aseos públicos na área recreativa de Comboa. A obra está financiada polo Concello de Soutomaior. Nas próximas semanas realizarase unha obra similar en Aranza.

O novo módulo de aseos instalado está construído en madeira para mellorar a súa integración coa contorna e está totalmente adaptado para o seu uso por parte de persoas con diversidade funcional. Ademais, a estrutura instalada é portátil e poderase retirar se as circunstancias meteorolóxicas o recomendan, como no caso dunha posible subida excesiva do nivel do río. Do mesmo xeito que os instalados no resto de áreas recreativas do municipio, estes aseos están conectados á rede de saneamento municipal para garantir o correcto tratamento dos residuos xerados. O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explica que así “se evita ter que usar casetas con depósitos de almacenamento e produtos químicos”. Coa instalación destes aseos, e a que se realizará nas próximas semanas en Aranza, o Concello de Soutomaior finalizará a instalación de aseos públicos en todas as áreas recreativas do municipio. “Unha mellora que permitirá mellorar os servizos públicos nas zonas de lecer do municipio á vez que protexemos o medio ambiente” segundo indica Reguera.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará