Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela, o forno de Galicia

RR_Noticias

As Rías Baixas volveron rexistrar temperaturas máximas anuais, nunha onda de calor que rexistrou máximas de 40 graos en Redondela, na estación do Viso. A segunda temperatura máis alta de Galicia foi tamén na contorna da area metropolitana, con 39,5º en Areas, Tui.

O termómetro volveu colocarse de novo á altura das máximas do ano ao superar onte os 25 graos en boa parte das Rías Baixas, segundo os datos de Meteogalicia. O mes de agosto está a ser moito máis caloroso que xullo, onde houbo choivas e unha caída das temperaturas, con máximas que apenas superaron os 27 graos nos días de máis calor. Nos útlimos días o sol golpeou con tanta forza no sur de Galicia que a nosa comarca colocouse á cabeza en España. Redondela marcou a máxima de Galicia, na estación meteorolóxica do Viso alcanzáronse os 40 graos. A segunda foi tamén na nosa contorna, con 39,5 graos en Tui-Areas. A situación, segundo as previsións realizadas polas axencias de meteoroloxía, comezará variar a partir de xa. A partir de mañá mércores, a península será testemuña dunha actividade máis treboenta. As temperaturas tamén comezarán a baixar desde mañá nas Rías Baixas, malia que aínda roldarán máximas de 30 graos, segundo a axencia galega de meteoroloxía.
Galicia, en risco extremo de incendios polas altas temperaturas
As temperaturas altas destes días deixan Galicia en alerta por risco extremo de incendios, con risco extremo en case toda a provincia de Pontevedra e tamén a de Ourense.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará